Un particular alertaba, ao fío das 3:30 horas da pasada madrugada, ao 112 Galicia de que acababa de escoitar un forte estoupido dentro dun inmoble, situado na rúa de Nuño de Ousende (Ourense), e no que había fume nas escaleiras, tal e como vén de informar o 112 Galicia.
Os Bombeiros municipais explicábanlle ao 112 Galicia que cando chegaron ao edificio, un dos pisos estaba inundado polo fume, pero xa non había lapas. Pola súa banda, os axentes da Policía Local indicaron que se produciu unha deflagración, aínda que as forzas da orde traballan para aclarar o acontecido. Na vivenda, na que se atopaba a unha muller falecida, había, ademais, un colchón consumido polo lume.
“Unha vez no punto a bordo dunha ambulancia, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da muller, atopada noutra das habitacións da vivenda, mentres que os Bombeiros accederon a través da ventá e comprobaron que o piso estaba cheo de fume, pero que xa non había lapas. Finalmente, desde a Policía Local indicaron que se produciu unha pequena deflagración, e que traballan para determinar as causas do suceso”, segundo informa o 112 Galicia.
No operativo participaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Ourense e os axentes da Policía Nacional e Local do municipio.