
A Consellería de Sanidade vén de comunicar o falecemento nas últimas horas en Galicia de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 80 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario de Ourense.
Ademais, perdían a vida en Galicia outras dúas persoas: unha muller de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e un home de 91 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra.
As tres persoas falecidas presentaban patoloxías previas.