En portadaÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén notificar o falecemento nas últimas hora en Galicia de 5 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas no Hospital Público de Valdeorras, no Barco. Trátase dun home de 89 anos que falecía o 25 de xaneiro. Con el son 493 os falecementos rexistrados na provincia de Ourense dende o inicio da pandemia.

Ese mesmo día perdía a vida un home de 89 anos no Hospital de Monforte de Lemos, unha muller de 98 anos (que procedía do Fogar Residencial Vista Hermosa) e un home de 76 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, ademais dun home de 88 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

As cinco persoas falecidas tiñan patoloxias previas.

Artigos relacionados

Back to top button