OurenseÚltima hora

Falece unha persoa no incendio dunha vivenda en Ourense

 

Na pasada noite producíase un incendio nun anexo a unha vivenda situada na rúa do Carballo, na cidade de Ourense, no que resultaba falecida unha persoa. “Os feitos sucederon uns minutos despois da medianoite. Foi, a esa hora, cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do incendio”, tal e como informa o 112 Galicia.

De inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros de Ourense, á Policía Local e a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Artigos relacionados

Back to top button