ConcellosÚltima horaVerín

Falece unha persoa nun accidente de tráfico en Verín

 

Sobre as nove da noite da pasada noite producíase un accidente de tráfico en Verín. Nel falecía o único ocupante dun turismo, tras saír despedido do seu vehículo logo de envorcar na N-532 en Mourazos, segundo vén de informar o 112 Galicia.

“Arredor deste accidente o 112 Galicia atendeu varias chamadas de alertadores, e notábase certa confusión en canto ao número de afectados. Finalmente, e mediante a inspección realizada polos equipos de emerxencias, isto é, Bombeiros de Verín e axentes da Garda Civil de Tráfico, concluíuse que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo. Así, pois, a vítima foi localizada no exterior do coche, como xa avanzaban algunhas das persoas que contactaron co 112 Galicia”, tal e como indican dende esta entidade.

Deste xeito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 nada puideron facer por salvarlle a vida.

Artigos relacionados

Back to top button