OurenseÚltima hora

Falece unha persoa nun atropelo en Toén

 

Pasadas as dez desta mañá o 112 Galicia era alertado dun atropelo en Toén. A partir dese momento activábase un operativo de rescate porque a vítima quedaba debaixo do vehículo. Finalmente, o persoal sanitario puido acceder á persoa atropelada sen a necesidade de empregar os equipos de excarceración.

“Con todo, desde o 112 Galica, pedíuse a colaboración dos Bombeiros do Carballiño, dos membros do GES de Ribadavia e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Todos volveron ás súas bases sen teren despregado o material de rescate. De feito, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiña acceso á vítima, aínda que con poucas esperanzas porque logo se confirmou o seu falecemento”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button