A RúaConcellosÚltima hora

Atropelan a unha persoa na avenida Almendralejo, na Rúa

 

Novo atropelo na Rúa, desta volta na avenida Almendralejo. En torno ás 19:45 horas o 112 Galicia recibía o aviso dun home que fora atropelado nun paso de peóns cando se dispoñía a cruzar, no semáforo, sendo golpeado por un coche que subía dende a rúa Progreso.

 

 

Tal como indican dende os servizos de emerxencia, o home, de avanzada idade, recibía un golpe na cabeza e malia estar consciente era trasladado en ambulancia ata o Hospital Público Valdeorras, para a súa observación.

Ademais dos servizos sanitarios, ata o lugar do feitos acudía a Policía Local da Rúa e tres voluntarios de Protección Civil.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button