OurenseÚltima hora

Falece unha persoa tras declararse un incendio nunha casa en Xinzo de Limia

Imaxe de arquivo.

 

Unha persoa perdía a vida a pasada noite despois de declararse un incendio na casa que habitaba no lugar de Ganade, en Xinzo de Limia. Tal e como informa o 112 Galicia, un “home foi encontrado falecido polos servizos de emerxencia que acudiron á vivenda para extinguir o lume, nunha habitación da casa, debaixo dos cascallos que caeron por mor dos efectos das lapas”.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, tratábase dunha casa de dous andares. Ardeu a planta baixa por completo e chegou a afectar ao andar superior. O home foi localizado falecido no andar inferior.

Os servizos de emerxencia recibían a alerta do incendio ao fío da unha a través dunha persoa particular e, “axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Xinzo de Limia, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade”.

Artigos relacionados

Back to top button