ConcellosO BarcoÚltima hora

A Policía Local do Barco axuda a dous veciños a rescatar a un octoxenario que caera a unha piscina en Viloira

Rúa na que se producía o accidente./ Foto: O SIL.

 

Ao redor das 21 :30 horas do sábado 17 de maio producíase un accidente doméstico en Viloira que se resolvía satisfactoriamente grazas á intervención dos veciños e da Policía Local do Barco.

Os feitos tiñan lugar na rúa Novelista Elena Quiroga, onde dous membros da Policía Local axudaban a dous veciños a “rescatar a outro veciño desa rúa, de 80 anos, que caerá a unha piscina que estaba cuberta por unha lona protectora, quedando atrapado na mesma con perigo de afogar”, explican dende a Policía Local.

Nun primeiro momento eran os propios veciños da zona quenes intentaban rescatar ao octoxenario “pero os policías ao ser alertados por outros veciños que se aglomeraban no lugar, saltaban o muro da casa e entre todos puderon rescatalo”, conclúen.

Artigos relacionados

Back to top button