ConcellosÚltima horaVerín

Falece unha persoas tras unha saída de vía na A-52 no municipio de Verín

 

Arredor das 11:15 horas desta mañá producíase un accidente de tráfico en Verín. O 112 era alertado do mesmo a través da chamada dunha persoa particular que informaba dun coche envorcado na A-52, á altura do punto quilométrico 159, sentido Benavente, ao seu paso pola parroquia de Cabreiroá.

Nada máis ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Verín desprazáronse ao punto e unha vez no lugar, confirmaron a excarceración da persoa, que estaba falecida. “Do mesmo xeito, os xestores do 112 informaron decontado aos profesionais sanitarios, que tamén comunicaron a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que, finalmente, non foi precisa a súa intervención, xa que os servizos de emerxencias nada puideron facer por salvarlle a vida”, citando ao 112 Galicia.

Este operativo tamén contou coa colaboración dos membros dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do persoal do servizo de mantemento da estrada. Igualmente, foron informados os axentes da Policía Local e os membros de Protección Civil da localidade, segundo a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button