SanidadeÚltima hora

Falecen 10 persoas con Covid en Galicia, unha delas na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Galicia rexistraba nas últimas horas o falecemento de 10 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas na provincia de Ourense, tal e como informa a Consellería de Sanidade. Trátase dunha muller de 94 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que tiña patoloxías previas.

Ademais perdían a vida na comunidade outras 9 persoas: un home de 87 anos, unha muller de 88 anos e unha muller de 65 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 89 anos (procedente da Residencia Doral de Mos) no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, unha muller de 94 anos (procedente da Vivenda Comunitaria de Castrelo de Miño) no Centro integrado CEGADI, unha muller de 97 anos (procedente da residencia CRAPD de Vigo II) no centro integrado Boullosa Pardo de Vera de Vigo; unha muller de 97 anos e unha muller de 82 anos na residencia Vila do Conde de Gondomar; un home de 60 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button