SanidadeÚltima hora

Falecen 2 persoas que foran diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas no Hospital de Ourense

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de informarse do falecemento en Galicia nas últimas 24 horas de dúas persoas que foran diagnosticadas por Covid-19, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 90 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais perdía a vida un home de 49 anos, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. As dúas persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button