SanidadeÚltima hora

Falecen 4 persoas en Galicia que foran diagnosticadas por Covid, 1 delas na provincia

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar o falecemento nos últimos días en Galicia de 4 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, 1 delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 95 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e que presentaba patoloxías previas. Falecía o 17 de maio.

Ademais Sanidade comunicaba outros tres falecementos. Así o 15 de maio falecía un home de 86 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o 16 de maio unha muller de 64 no tamén no CHUS e o 17 de maio unha muller de 72 no CHOP.  Todos tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button