CulturaCulturaÚltima hora

Fallados os premios do XII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

Aquilino Domínguez, alcalde do concello de Parada de Sil. Foto: Carlos G. Hervella.

 

Trini Pestaña de Martos ( Jaén) co microrrelatoto titulado “Por la gracia de un besugo” vén de ganar, por unanimidade do xurado, o XII Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil, dotado cun premio de 1.000 euros. Este galardón será entregado o vindeiro 11 de maio no salón de plenos do Concello de Parada de Sil no acto no que se celebrará o día das letras galegas. Cabe salientar que esta participante ten varios libros publicados

A novidade deste ano do certame, que era establecer un primeiro premio en galego de 1.000 euros, foi a parar a Esteban de Cabo de O Carballiño, persoa que ten gañado outros concursos como a tradución de poesía clásica grega ó galego. O seu microrrelato leva por título “Cómo non sabe inglés D. Camilo”

O segundo premio foi a un microrrrelato en castelán titulado “ El tiempo vuela” do que é autor Raúl Garcés de Zaragoza , polo que recibirá un premio de 500 euros. Este autor ten un blog de microrrelatos e un libro publicado. O terceiro premio tamén lle correspondía a un microrrelato en castelán escrito por Francisco Argelaguer de Manresa( Barcelona) que recibirá un premio de 300 euros.

O xurado salientou o alto nivel dos relatos participantes e despois dun mes de corrección e da posta en común emiitiu o fallo por unanimidade.

Co concurso xa consolidado e pensando na seguinte edición, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez quere felicitar aos gañadores, e agradecerlles a participación de máis de 900 persoas, así como expresar ao xurado “o seu enorme traballo durante moitos días, traballo que fan de xeito totalmente altruísta e que axuda a por en valor a Ribeira Sacra e o concello de Parada de Sil”.

Artigos relacionados

Back to top button