ConcellosÚltima hora

Faranse test serolóxicos aos efectivos da Policía Local dos concellos galegos

O Consello da Xunta vén de autorizar a sinatura do convenio entre a Vicepresidencia da Xunta, o Sergas e a Fegamp para a policía local

 

En Galicia porase en marcha do programa para o control do Covid-19 nos efectivos da Policía Local dos concellos galegos, que se suma á Policía Nacional e á Garda Civil. No Consello da Xunta autorizábase este venres a sinatura dun convenio entre a Vicepresidencia, o Sergas e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para tal fin.

“Esta medida esténdese tamén aos axentes da Policía Nacional e da Garda Civil. No caso de que nestes test se detecten casos positivos, procederase a facer unha proba PCR”, segundo a Xunta.

Así, o convenio hoxe aprobado establece as liñas de actuación e accións previstas para o control de casos de Covid-19 que puidesen afectar a calquera axente e auxiliar das policías locais e garantir o desempeño das súas funcións en condicións seguras. Os concellos poderán asinar coa Xunta a adhesión ao programa para executar de forma coordinada dito programa e coa finalidade de garantir a realización das actuacións necesarias que permitan o control da covid-19 entre os efectivos das policías locais.

“Nesta liña, os efectivos da policía local extremarán as medidas de illamento social vixentes, restrinxindo os contactos e limitándoos aos imprescindibles. No caso de que houbese contacto estreito dalgún efectivo cun enfermo sintomático de Covid-19, comunicará este feito ao seu superior xerárquico, deberá cesar no servizo e manterse en corentena domiciliaria durante catorce días, vixiando a aparición de síntomas. En caso de presentar síntomas respiratorios, tampouco deberá desenvolver as súas funcións encomendadas. Neste caso deberá autoillarse no seu domicilio, solicitar unha consulta telefónica co seu médico de atención primaria e seguir as súas indicacións, ata a súa completa recuperación”, tal e como informa a Xunta.

Os concellos deberán incluír nos estudos epidemiolóxicos que realicen os resultados obtidos pola realización dos test, así como para a posta en marcha de campañas de divulgación e prevención sanitaria. Ademais, deberán incluír formación dos efectivos en hixiene, prevención e control de casos de contaxio pola covid-19.

A Fegamp, pola súa banda, será a encargada da coordinación entre a Xunta e todos os concellos de Galicia para impulsar, promover e difundir a información relativa ao Consello da Xunta control da covid-19 entre os efectivos das policías locais e auxiliares de policía pertencentes aos concellos de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button