CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A fariña correrá de novo polas rúas trivesas o Xoves de Comadres

Publicidade
Ademais pola noite terá lugar a cea de comadres e para o venres 9 de febreiro está previsto un desfile no que participarán os escolares da vila

Tras as batallas de fariña do Xoves de Compadres, desta volta serán as mulleres as que tomarán o relevo na tarde do Xoves de Comadres, 8 de febreiro, para enfariñar aos homes. Ademais non faltarán as rondas de folións e, a partir das nove e media da noite, a cea de comadres.

Xa na mañá do venres 9 de febreiro, as rúas da vila encheranse de cor cun desfile de Entroido que partirá ás 11:30h. dende o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso e no que teñen previsto participar os nenos deste centro, así como os do IES Xermán Ancochea Quevedo e os alumnos do CEIP da Veiga. Ademais pola tarde impartirase un obradoiro de máscaras con baile, música e merenda na Biblioteca Municipal.

Fotos: Concello de Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button