Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Feijóo escolle a Miguel Tellado como novo secretario xeral do PPdeG

O presidente do PPdeG aproveitou a primeira xornada do XVI Congreso Autonómico en Ourense para pedir o voto para a súa candidatura

O ferrolano Miguel Tellado convertiuse na xornada do sábado 7 de maio no protagonista inesperado do XVI Congreso Autonómico, que estes días estase a celebrar no recinto ferial de Expourense. O que até agora era o voceiro do PPdeG, pasará a ser o novo secretario xeral recollendo a carteira que rexentaba Alfonso Rueda. Así o anunciou o presidente dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención de onte, na que tamén aproveitou para pedir o voto dos máis de 2.000 comisarios e ratificar a súa candidatura de cara a presidir a Xunta.

Pola súa banda, Tellado quixo valorar esta decisión e dixo estar abrumado pola confianza depositada nel por parte do presidente do partido. Asegurou tamén que se marcará como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas e destacou a dificultade de relevar a Rueda. “Serei un servidor máis do partido”, recoñecía, para concluír co desexo de “non defraudar e estar á altura das responsabilidades asinadas”.

Feijóo puxo o punto e seguido á primeira parte do Congreso Autonómico que comezou con máis de 40 minutos de retraso. O acto foi presidido polo alcalde de Ourense, o popular Jesús Vázquez, e contou coa lectura e votación de varios manifestos de balance da situación de Galicia en distintos eidos.

As actividades continuarán durante a mañá de hoxe, domingo 8 de maio, coa votación final e proclamación do candidato. Finalmente, o presidente dos populares a nivel nacional, Mariano Rajoy non asistirá a este acto de clausura pero xa arroupou ao candidato o pasado venres, 6 de maio, durante un encontro mantido coas Novas Xeracións do PPdeG en Ourense.

Texto: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button