PolíticaÚltima hora

Feijóo retoma a súa xira estival polos pequenos concellos en Toén, Cartelle e Arnoia

 

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, durante unha rolda de prensa na sede autonómica

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, retomou hoxe, 30 de xuño, a a súa xira estival por distintos concellos para continuar escoitando de primeira man as necesidades, inquedanzas e propostas da cidadanía. A súa axenda comezará nos municipios de Toén, Cartelle e Arnoia, e xa ten visitas confirmadas para os meses de xullo e agosto.

De igual modo que acontecera o ano pasado, o líder dos populares galegos aproveita o período estival para percorrer Galicia recollendo as impresións dos seus veciños. “Queremos seguir demostrando que o presidente é accesible e sensible ás demandas dos seus veciños”, apuntou o coordinador de Organización do PPdeG, Alberto Pazos, e subliñou que “no seu día xa advertimos que os encontros coa cidadanía eran unha iniciativa que transcendía os obxectivos electorais e que queiramos manter o contacto de xeito permanente”.

Así, Pazos quixo ponderar o feito de que Núñez Feijóo vaia volver a poñer o foco no “ti a ti” cos veciños dos pequenos concellos, sen sequera convidar aos medios de comunicación. “Queremos repetir o espírito dos ‘Faladoiros’, que os veciños poidan falar co seu presidente con total liberdade e confianza, que lles expliquen o que necesitan e en que cren que podemos mellorar”, concluíu.

Artigos relacionados

Back to top button