O venres 12 de agosto a localidade de Parada de Sil acollerá unha Feira de artesanía e de produtos típicos desta zona, pertencente á Ribeira Sacra ourensá. A mostra, na que poderán visitarse unha decena de postos, cobrará vida a partir das 11h. da mañá e prolongarase ao longo de toda a xornada. A mostra acostuma celebrarse na praza do Curtiñeiro.
Visitando esta feira poderán mercarse diversos produtos agroalimentarios da zona, así como un amplo abano de obxectos de artesanía e bisutería. Ademais haberá degustación viño e queixo de balde a partir das 13h.
Esta iniciativa, que está incluída dentro do Verán Cultural de Parada de Sil será promovida pola Asociación Tarabelada en colaboración co Concello.
Cinema pola noite
O mesmo venres a partir das 22:30h. a praza do Curtiñeiro acollerá a proxección da sesión de cine de verán “Los dioses deben estar locos”. A entrada é de balde.