CelanovaConcellosÚltima hora

Ferida unha muller nun accidente de tráfico en Celanova

 

Na mañá deste venres 24 de outubro unha muller resultaba ferida en Celanova despois de envorcar co seu coche na estrada OU-404, entre os puntos quilométricos 1 e 2, ao seu paso por Vilanova dos Infantes.

Segundo indican dende o 112 Galicia, era un particular quen, arredor das 09:00 horas, alertou “ao atopar o vehículo envorcado cunha persoa no interior que non podía saír polos seus propios medios”.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia mobilizaron aos Bombeiros de Celanova, “que tiveron que acceder polo maleteiro para liberar á única ocupante do turismo”. Ademais, “solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e do persoal de Protección Civil da localidade”.

A muller, unha vez liberada, “foi trasladada polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia”, explican dende o 112.

Back to top button