OurenseÚltima hora

Ferida unha muller nunha colisión entre dous turismos en Melón

 

Na noite do venres 20 de decembro unha muller resultaba ferida grave tras unha colisión entre dous turismos en Melón, tal como informan dende o 112 Galicia que activaba a alerta mediante o sistema ecall, que ofreceu a localización exacta do accidente na A-52, punto quilométrico 197.

Así, os xestores do Centro Integrado de Xestión das Emerxencias puideron establecer conexión co interior dun dos vehículos para saber que “había unha muller ferida grave, aínda que estaba liberada e accesible”.

Con esta información, activáronse os protocolos correspondentes para que fose activados os seguintes recursos: Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil.

Artigos relacionados

Back to top button