OurenseÚltima hora

Ferida unha persoa ao envorcar o vehículo no que viaxaba, en Barbadás

 

Na tarde do mércores unha das persoas resultaba ferida ao envorcar o vehículo no que viaxaba en Barbadás, tendo que ser trasladada, en principio sen revestir gravidade, polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tan como informan dende o 112 Galicia, sobre as 20:40 horas recibían a chamada dun particular que explicaba que foran alcanzados por un vehículo. “Trala colisión, este último quedara envorcado contra a barreira de seguridade metálica, á altura do quilómetro 2 da OU-540, en Barbadás, explicou, engadindo ademais que o coche envorcado estaba nas proximidades dun barranco”, din dende o 112. Naquel intre, estaban a intentar retirar aos ocupantes polo maleteiro. Outro particular implicado explicaba que o accidente se producira por un xabaril que se cruzou na vía.

Desde o 112, informaron aos servizos sanitarios, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, ao GES do Pereiro de Aguiar, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Barbadás, e aos membros do Servizo Municipal e a Agrupación Municipal de Protección Civil de Barbadás, así coma aos servizos de mantemento das estradas.

Unha vez no lugar do accidente, “a Policía Local comprobou que o coche envorcado non corría risco de precipitarse polo barranco e que os implicados estaban xa no exterior do vehículo”, din dende o 112 Galicia. Desde Protección Civil engadiron que “as persoas foron quen de saír a través do maleteiro, polos seus propios medios”. Unha delas tivo que ser finalmente trasladada en ambulancia polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia ao centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button