ConcellosO BarcoÚltima hora

Ferida unha persoa nun choque múltiple na N-120 no Barco

 

Arredor das 17h. deste 17 de maio producíase un accidente tráfico na N-120, ao seu paso polo Barco de Valdeorras. Chocaban catro vehículos e resultaba ferida unha persoa. “Unha ambulancia evacuou á ferida ao centro hospitalario de referencia, mentres que os Bombeiros de Valdeorras encargáronse de despexar o asfalto, afectado por un derrame de aceite a causa da colisión”, segundo informa o 112 Galicia.

Un dos implicados informou ao 112 Galicia ás 17 horas apuntando que “observara como a un vehículo lle rebentaba unha das rodas, causando un accidente múltiple no quilómetro 455 da N-120, no Barco”.

Desde o primeiro momento, continúa o 112 Galicia, “confirmouse que todos os afectados estaban liberados e accesibles, e só unha persoa precisaría ser trasladada en ambulancia”.

Aparte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Valdeorras, tamén participaron o GES de Valdeorras, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button