Ta tarde do venres 29 de novembro, producíase un accidente de tráfico en Muíños, no que resultaba ferida unha persoa logo de que o coche no que viaxaba caera por un desnivel duns trinta metros, segundo indican dende o 112 Galicia destacando que e o coche “sufriu danos moi importantes”.
Dez minutos despois das 20:30 horas, un particular que se atopaba no lugar informaba ao 112 Galicia dun accidente á altura do quilómetro 9 da OU-1202, en Cados. Indicaba que “un coche saírase da vía e caera por un desnivel duns trinta metros”.
Os seus dous ocupantes podían abandonar o vehículo coa axuda do GES de Muíños e “aínda que nun principio o alertador indicou que os implicados atopábanse en boas condicións, polo menos un deles tivo que ser atendido polos servizos sanitarios”, indican dende o 112.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Muíños.