
Novo accidente de tráfico nas estradas valdeorresas, desta volta no Barco de Valdeorras. Pasadas as 13:15 horas saltaba o aviso no 112 Galicia dun accidente con feridos na rúa Manuel Quiroga. Tal como informan “unha muller resultaba atropelada á altura do Nº 16 queixándose de dor nun costado”.
Ata o lugar dos feitos desprazábase a Policía Local do Barco (dous coches e unha moto), unha ambulancia do 061



