OurenseÚltima hora

Feridas dúas persoas que ían en moto ao caer unha árbore na N-120, en Ourense

 

Dúas persoas que circulaban esta tarde en moto resultaron feridas ao caer sobre o vehículo unha árbore, que cortou por completo a circulación na N-120, á altura do punto quilométrico 564, en Ourense, tal e como informa o 112 Galicia. “Un coche tamén se viu afectado pola caída da árbore, aínda que ningunha persoa necesitou asistencia médica neste vehículo”, engaden dende o 112.

O suceso tiña lugar en torno ás 18:15 horas, momento no que varias persoas particulares deron conta dos feitos ao 112 Galicia.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Ourense e do servizo de mantemento da vía.

Artigos relacionados

Back to top button