ConcellosÚltima hora

Ferido o condutor dun quad ao chocar contra un camión en Carballeda de Valdeorras

Unha persoa resultaba ferida no accidente de tráfico que tiña lugar pouco antes das cinco da tarde, entre un quad e un camión no punto kilométrico 3 da OU-0802 (Sobradelo–Casoio), na localidade de Robledo, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

O ferido é o condutor do quad que tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado con base en Ourense ata un centro hospitalario, despois de ser evacuado con vida pola aeronave.

Segundo os datos do 112 Galicia, foi o camioneiro implicado no accidente quen daba a voz de alarma, indicando no seu relato que a persoa que conducía o quad estaba malferida. Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias requeríase a intervención de 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Valdeorras, dos efectivos do GES de Valdeorras e da Policía Local do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button