CarballedaConcellosÚltima hora

Ferido leve un camioneiro nunha saída de vía na OU-122 en Carballeda de Valdeorras

 

Na mañá deste martes 7 de xullo producíase un accidente de tráfico na OU-122, no KM 13,5 no concello de Carballeda de Valdeorras, no que se vía implicado un único vehículo.

O suceso producíase arredor das 11:30 horas cando un camión saíase da vía, quedando envorcado e resultando ferido leve o seu condutor, tal como indican dende o 112 Galicia, que era trasladado en ambulancia ata o HPV.

Dende o centro de emerxencias informaban ao 061 Urxencias Sanitarias, ao GES Valdeorras e á Garda Civil de Tráfico.

 

Back to top button