ConcellosMonforte de LemosÚltima hora

Ferido un condutor tras caer un farol sobre o seu vehículo e bater contra un autobús en Monforte

 

Un condutor perdía na tardiña de onte en Monforte de Lemos o control do seu vehículo e chocaba contra un autobús e, tras o impacto, un farol caeu sobre o coche. “No autobús, que facía o traxecto de Lugo-Ourense, viaxaban ao redor de 25 pasaxeiros que, por fortuna, todos resultaron ilesos”, tal e como informa o 112 Galicia.

O sinistro producíase arredor das oito horas da tarde pasada. Foi a esa hora cando unha persoa particular daba conta dos feitos ao 112 Galicia. “No seu relato indicaba que na rotonda Florida, un farol caera enriba dun coche e que as portas estaban bloqueadas por mor dun autobús tamén implicado no accidente”, segundo indica do 112 Galicia.

Con estes datos, o 112 Galicia pasou aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte e á Policía Local. Do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os servizos sanitarios confirmaron que unicamente resultara ferida unha persoa, o condutor do turismo.

Artigos relacionados

Back to top button