OurenseÚltima hora

Ferido un membro do GES de Lobios durante unhas manobras no campo de fútbol Río Caldo

 

Na xornada deste mércores 22 de novembro un membro do GES de Lobios sofría un accidente durante unhas manobras no campo de fútbol Río Caldo, segundo informan dende o112 Galicia, explicando que “segundo informou o seu coordinador a través dunha chamada preto das doce deste mediodía, perdeu un dedo da man dereita cando realizaba unha descarga cunha corda”.

“O equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tiña xa coñecemento do accidente, mais o membro do GES ferido foi evacuado, primeiro, ao Centro de Saúde da localidade na ambulancia do propio GES”, informan dende o 112, engadindo que a partir de aí, “oi derivado a un hospital en Ourense para seguir co tratamento das lesións”.

Artigos relacionados

Back to top button