Na madrugada deste sábado 8 de febreiro producíase un accidente de tráfico cunha persoa ferida. Tal como informan dende a Garda Civil de Ourense, o sinistro tiña lugar uns dez minutos antes das seis da mañá, na estrada OU-310, ao seu paso polo municipio de Vilardevós, cando se producía “a saída da vía con envorcamento posterior retorno á calzada, dun turismo, resultando ferido grave o seu condutor e único ocupante”.
O ferido, un veciño de Verín de 32 anos, era evacuado ao hospital Comarcal de Verín en ambulancia 061. “Non se teme pola súa vida”, puntualizan dende a Garda Civil de Ourense, cuxo equipo de investigación de sinistros do Subsector de Tráfico investiga as causas do accidente.
Fotos: Garda Civil.