CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Fermosa xornada de convivencia intercultural no IES Martaguisela do Barco

 

Na xornada do martes 30 de abril, o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras remataba o mes celebrando unha xornada de convivencia intercultural organizada polo equipo de Mediación e Benestar do centro do que forman parte alumnado e profesorado. Unha actividade, desenvolvida durante os recreos, na que amosaron e compartiron a cultura de diferentes países dos que son orixinarios algúns dos alumnos do centro.

 

 

“A xeografía, a historia, a música, e como non, a gastronomía típica de Marrocos, Portugal, Salvador, China, Paraguai, Venezuela… foron os protagonistas da xornada”, din dende o instituto, explicando que o alumnado orixinario desees países e as súas familias, levaron comidas e doces típicos que fixeron as delicias de todos. “Un gran éxito este día de convivencia”, aseguran, dando as grazas ao alumnado participante, ás familias que tanto aportaron e ás profesoras Ana María Fernández e Clara Vizcaya que se encargan do equipo de Convivencia e Benestar.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button