CulturaCulturaÚltima hora

Fernández Dafonte exporá no Ecomuseu do Barroso (Portugal)

A mostra escultórica “Oficios e tradicións populares da Galiza” inaugurarase o 19 de febreiro

Imprimir

O vindeiro xoves 19 de febreiro ás 16h. local, terá lugar no
Ecomuseu do Barroso (Montalegre, Portugal) a inauguración da
exposición de Adolfo Fernández Dafonte “Oficios e tradicións populares da Galiza”, unha mostra na que o autor traballa o barro coas mans. “As minhas obras são figuras representativas das mulheres e dos homens do meio rural galego, realizando as suas tarefas agrícolas, muitas delas já desaparecidas”.

As pezas, realizadas en arxila, que compoñen a colección son unha homenaxe ao mundo rural galego onde desfilan afiadores, emigrantes, barbeiros etc. Figuras próximas, feitas para ser entendidas por tódolos públicos e detrás das que se agocha un arduo traballo de investigación para obter estas admirables pezas.

O escultor de Bande Adolfo Fernández é autodidacta e retrocede aos métodos de cocción empregados fai miles de anos para darlle cor e vida ás súas esculturas.

A exposición está organizada pola Fundación Vicente Risco.

Artigos relacionados

Back to top button