ConcellosÚltima hora

Ferraxerías asociadas ao CCA O Barco sortearán un vale de 120 euros entre os seus clientes

Nova campaña da Asociación Centro Comercial Aberto ( CCA) O Barco, desta volta dirixida e en colaboración coas ferraxerías que forman parte desta entidade: Ferretería Moncho e Ferretería Pereira. A acción, que terá lugar do 1 de xuño ao 30 de xuño, expón un sorteo dun vale de 120 euros para investir nos establecementos participantes (o CCA O Barco achega o 50% do valor total dos premios, e os establecementos participantes o 50% restante)

Para participar, os clientes deberán cubrir cun nome e un teléfono as rifas que se lles entregarán con cada compra e depositalas nunha urna no comercio correspondente. O sorteo celebrarase o martes 5 de xullo na oficina do CCA O Barco (c/ España, 1) extraendo unha rifa ao azar de entre todas as participantes.

A persoa premiada será avisada telefonicamente, e publicarase o seu nome nas redes sociais e medios de comunicación. Con esta acción, o CCA O Barco “aposta polas súas campañas dirixidas a cada un dos sectores de actividade que forman parte da asociación. Un proxecto que nace en 2021 e que seguirá desenvolvéndose ao longo deste ano 2022”, din dende a entidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button