AutomobilismoDeportesÚltima hora

Ferrol dará comezo mañá á súa 51 edición do rallye

Os tramos repartiranse en dous días: venres e sábado

O 51 Rallye de Ferrol comeza mañá ás 10:00 horas co shakedown e tramo de cualificación, onde os equipos de cabeza poñerán a punto as súas máquinas e deciden por tempos a orde de saída da carreira. Tras un pequeno descanso ao mediodía, ás 17:30 tomarase a saída oficial, producíndose aquí os únicos cambios previstos sobre o programa horario oficial.

A cancelación de calquera tipo de evento que aglutine público no centro urbano levou á organización do 51 Rallye de Ferrol – Suzuki a tomar a decisión de celebrar a saída oficial desde FIMO.

 

Tramos do rallye.

 

Aínda que non cambia a hora oficial de saída si o fan o percorrido e os tempos de enlace ata o primeiro tramo, polo que se modifican os horarios das dúas cronometradas que conforman a primeira sección, as primeiras pasadas por Irixoa-Monfero e Monfero-Monfero, que se adiantan 20 minutos. A partir do reagrupamento os horarios mantéñense como estaban desde un inicio, co final de etapa previsto para as 22:50 horas no caso do primeiro participante.

Dende a organización insisten na necesidade de respectar todas as medidas de seguridade e hixiene para garantir o éxito desta edición do Rallye de Ferrol.

Artigos relacionados

Back to top button