ConcellosÚltima hora

A Festa da Castaña do Caurel, o 6 de novembro

O pregón, que correrá a cargo do músico Davide Salvado, será ás 13:30h.
Imaxe da pasada edición da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da pasada edición da festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Souto da Carroza (Folgoso do Caurel) será escenario o 6 de novembro dunha nova edición da Festa da Castaña do Caurel, declarada de interese turístico en Galicia. A música abrirá o programa ás 12h. coa actuación do grupo Gaitas e Cantores do Caurel. De seguido, ás 13:00h procederase á presentación do libro de Jesús Río Ramilo “O Courel bajo la cruz de Santiago S.XII-XIX”.

Media hora despois tomará a palabra o pregoeiro desta edición, Davide Salvado, “unha das voces máis carismáticas da nosa terra”, en palabras da organización. Este músico dará, seguidamente un concerto.

Ademais de desfrutar da actuación, as persoas que se acheguen ata alí poderán degustar gratuitamente castañas asadas do Caurel e viño da zona apartir das 12h, durante o medio día e a tarde. Ademais haberá postos para desfrutar de churrasco e polbo. Asemade non faltarán os postos de artesanía e venda de produtos da zona, xunto con demostracións de oficios, música tradicional e charanga.

Cartaz da festa.
Cartaz da festa.

Artigos relacionados

Back to top button