
Unha dama ao lombo dun cabalo (ademais de amosar varias imaxes representativas da festa como o xadrez vivinte, a cetrería ou o viño) creada cunha técnica artística de collage, é a imaxe do cartaz gañador no concurso da Festa da Istoria deste ano, obra do pintor Baldomero Moreiras de Paderne de Allariz (Ourense).
A obra foi elixida pola Coordinadora da Festa da Istoria xunto a un xurado formado por cinco persoas relacionadas co deseño gráfico, a pintura e a fotografía, entre un total de 59 propostas chegadas desde diferentes puntos de Galicia e doutros de España como Ávila, Castellón, Ciudad Real, Murcia, Navarra, Sevilla, Asturias, Álava, Badajoz, Madrid, Córdoba, Cuenca, Salamanca, Guipúzcoa, Barcelona, Toledo ou Murcia.
Ademais do gañador cuxa obra ilustrará o cartaz da festa que se celebrará os días 26 e 27 de agosto en Ribadavia, houbo dous accésit para Rubén Lucas García de Torreaguera (Murcia) e José Ramón Pérez Martínez de Ourense.