ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Festa da Virxe de Fátima e inicio da Novena a Santa Rita neste 13 de maio, no Barco

 

Dúas horas despois de que a parroquia ruesa de Fontei celebrase a misa vespertina presidida polo bispo de Astorga, era a parroquia barquense de Santa Rita a que conmemoraba a Festa da Virxe de Fátima, neste luns 13 maio.

 

 

Ás 20 horas e coa chuvia enriba, celebrábase unha breve e rápida procesión pola praza do Príncipe coas imaxe acompañada dos fieis con cirios. A continuación tiña lugar a santa misa e o inicio da Novena a Santa Rita que se celebrará todos os días ata o martes 21 de maio.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button