O vindeiro 3 de agosto Vilariño de Conso acollerá o “Rural Fest. Festa da Xuventude” cun programa, de entrada libre, que incluirá diversas actividades e cun protagonismo especial para a música. Así están previstas as actuacións de Albert Novo e Víctor Magan, así como as dos Djs Tariro, Yabbom e Migueld.
Tamén haberá cea, a base de empanada, porco ao espeto, bica e bebida, cuxa entrada terá un prezo de 15 euros.
