ConcellosTrivesÚltima hora

Festa de aniversario no Bar San Martín, en Trives

 

Cunha dobre celebración se atopaban os clientes que na tarde do sábado 5 de novembro entraban no Bar San Martín, na Pobra de Trives. Por un lado, o concurso de tapas no que participa o local no marco das XXII Xornadas Micolóxicas; e por outro a celebración dunha festa de aniversario.

 

Cloe coa tarde de aniversario.

 

A pequena Cloe, veciña de Trives, celebraba neste establecemento hostaleiro o seu sétimo aniversario cunha festa na que estivo acompañada polos seus amigos e na que non faltou a torta coas veas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button