Dende superheroes, pasando por personaxes de conto ata corsarios, policías ou mesmo diversos animais. Moitos e moi diversos eran os disfraces cos que os alumnos e profesores do colexio Pablo VI-Fátima da Rúa participaban na festa de Carnaval que se celebraba a partires das 12:30h. deste venres 1 de marzo.
Esta actividade, na que tamén participaban pais e nais dos escolares, concluía cun convite a chocolate e doces propios do Carnaval no patio do centro.
Fotos: cedidas.