ConcellosO BoloÚltima hora

Festa de clausura nas Ermitas (O Bolo), da visita pastoral do bispo de Astorga polo Arciprestado de Galicia

 

Aínda lle quedan algunhas parroquias por percorrer pero, na tarde do domingo 25 de xuño o bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, clausuraba no Santuario das Ermitas (O Bolo), a súa visita pastoral polo Arciprestado de Galicia na Unidade Pastoral da Rúa que comezaba a mediados do mes de xaneiro.

 

Un momento da eucaristía.

 

Segundo o programado, os actos no santuario comezaban co rosario dirixido por diferentes fregueses que representan cada concello da zona. De seguido oficábase a eucaristía coa recepción do Sacramento da confirmación de varios mozos da zona; e finalmente tiña lugar será a festa de clausura, a santa misa presidida polo bispo, acompañado entre outros por Juan José Prieto, párroco de Sobradelo e arcipreste de Galicia na Diócese de Astorga e Jose Manuel Carrasco, vicario de pastoral. Á eucaristía, cantada polo coro arciprestal,  asistían representantes de cada unha das parroquias visitadas e varios fegreses recibiron o sacramento da Confirmación.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button