En portadaÚltima hora

Festa do Casco Vello do Barco e Feira do Porto da Barca, os días 16 e 17 de xuño

 

A zona vella do Barco volverá exaltar en xuño os produtos locais nunha proposa que mestura a enogastronomía coa festa e a música. Así, na fin de semana do 16 e 17 de xuño celébranse a Festa do Casco Vello na praza Maior e a segunda edición da Feira de produtos locais e artesanía do Porto da Barca, que desta volta muda o seu escenario para situarse na praza de San Mauro na tarde do 17 de xuño.

“O Concello colabora na Festa do Casco Vello, que está a ser organizada polos hostaleiros e unha comisión, e a concellería de Turismo e Promoción Económica organiza a II Feira do Porto da Barca de produtos locais e artesanía, que terá lugar o día 17, de 18,00 a 23,00 horas, na Praza de San Mauro, no entorno da igrexa”, tal e como informa o Concello do Barco.

 

 

Nesta feria haberá un total de 13 postos de artesáns e produtores locais, e compleméntase con actividades musicais e de malabares para público familiar.

A partir das 22 horas comezan as actuacións musicais da Festa do Casco Vello na Praza Maior.

 

Artigos relacionados

Back to top button