ConcellosÚltima hora

A Festa do Pemento de Oímbra comercializará os pementos envasados e co selo da IXP

A celebración da XX edición terá lugar o día 6 de agosto na carballeira de Oímbra
Ana Villarino e Manuel Baltar.

Oímbra prepárase para celebrar a XX edición da “Feira do Pemento de Oímbra”. A cita terá lugar o vindeiro 6 de agosto na carballeira de Oímbra, ao carón das piscinas municipais e da Casa do Concello, onde se instalarán stands gastronómicos, de artesanía e de actividades relacionadas co mundo agrario, un recinto que acollerá ao longo do día actividades como un concurso de cociña, un xantar popular e degustación gratuíta de pementos, todo elo acompañado de actividades musicais e de lecer para nenos e maiores. Tamén se dará a coñecer un novo recetario co pemento de Oímbra como ingrediente principal.

Esta festa está declarada de Interese Turístico de Galicia e, segundo afirmou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, na presentación de hoxe, 27 de xullo, esta celebración”“se ten convertido co paso dos anos, froito do impulso dado desde o Concello, da calidade do produto e do traballo de agricultores e de todas as persoas que se implican neste evento, nunha das festas gastronómicas máis importantes de Galicia”. Este ano, ademais, a celebración conta co atractivo de ser a primeira vez que se envasa e comercializa o pemento baixo o amparo da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) “Pemento de Oímbra”, “algo que contribúe a promocionar e posicionar no mercado o noso pemento, así como tamén outros produtos da nosa horta e do ámbito vitivinícola”, explicou Ana Villarino, alcaldesa da localidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button