
O director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, participaba nun acto de presentación da Indicación Protexida (IXP) Castaña de Galicia celebrado este luns 7 de outubro na Casa de Galicia en Madrid, un evento ao que tamén asistían o presidente da IXP, Jesús Quintá e o director da Casa de Galicia, Luis Enrique Ramos.
Esta actividade enmárcase dentro do mes da Castaña de Galicia que se está a celebrar neste espazo de representación do Goberno galego en Madrid, co obxectivo de poñer en valor a calidade deste produto. A xornada contou coa participación do chef Miguel Fernández Vidal nun espazo de degustación e promoción da castaña galega para que os asistentes desfrutasen dun cóctel a base de pratos e sobremesas elaborados con produtos amparados pola IXP Castaña de Galicia.