EconomíaEconomíaÚltima hora

A Pataca de Galicia promociónase en Fruit Attraction 2023

 

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia participaba na feira Fruit Attraction celebrada en IFEMA (Madrid) entre os días 3 e 5 de outubro. Na mostra contaba co seu propio espazo no stand de AGACAL, consolidando así a súa presenza “nun punto de referencia nacional e internacional do sector hortofrutícola”, tal e como destaca esta entidade.

Dita feira atrae a máis de 90.000 visitantes de 137 países, e contou coa participación de 2000 empresas expositoras. A presenza da IXP neste importante foto amosa o compromiso do organismo en promover a calidade e autenticidade da Pataca de Galicia en mercados nacionais e internacionais.

A participación permitiu dar a coñecer as cualidades únicas do produto e resaltar os estándares de calidade e autenticidade que o distinguen. Este espazo cedido por AGACAL deu lugar a unha gran interacción con profesionais do sector e ao establecemento de novos contactos comerciais.

 

Artigos relacionados

Back to top button