CulturaCulturaÚltima hora

As festas da Istoria e do Esquecemento, na asemblea anual da AEFRH

As principais festas históricas de España reuníronse en Medina del Campo
Membros da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas.
Membros da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas.

Representantes das principais festas españolas reuníanse o 2 de abril en Medina del Campo (Valladolid) para celebrar a súa asemblea anual, no marco da celebración do Encontro de Organizadores e Profesionais das Festas e Recreacións Históricas.

Entre os asistentes á reunión que este ano xirou en torno á seguridade na organización deste tipo de eventos, estaban membros da organización Festa da Istoria de Ribadavia, da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia e de Arde Lucus de Lugo.

Recreación histórica en Medina del Campo (Valladolid).
Recreación histórica en Medina del Campo (Valladolid).

A asociación española ostenta tamén a vicepresidencia da Confederación Europea de Festas e Manifestacións Históricas e pasará a ocupar a presidencia da mesma no vindeiro 2017, na persoa da súa vicepresidenta, Raquel Esteban. Para os representantes da delegación galega “esta presidencia e a participación nacional no ámbito europeo permitirá novas oportunidades así como unha interesante mobilidade e intercambio entre os distintos países, enriquecendo ás festas pertencentes á AEFRH”, explican dende a Festa da Istoria.

Artigos relacionados

Back to top button