Parece que foi onte e pasaron xa dous anos dende a formación da charanga El Tattoo. E para celebralo organiza un festival de charangas los bares e rúas da Pobra de Trives.
Será o sábado 26 de outubro a partir das catro da tarde e contará coas charangas Sghae, Bicoia, Os Pendellos e Os Kokakolas como convidadas. Máis de seis horas de música ininterrompida por parte das cinco agrupacións que ás 22:45 horas xuntaranse na praza do Pilón para interpretar unha peza conxuntamente.
Finalmente El Tattoo pechará a noite cun pase no Bodegón.