CulturaCulturaÚltima hora

Festival de danza a favor dos afectados polo incendio de Valdeorra, este sábado no Teatro Lauro Olmo do Barco

O acto benéfico está organizado pola Academia de Danza Bayadère e o 50% das entradas irá destinada a Cruz Vermella

Actuación de fin de curso da academia./ Foto cedida.

 

Dous meses despois do terrible incendio de Valdeorras que asolou boa parte dos municipios do Barco, Carballeda de Valdeorras e Rubiá, continúan os actos benéficos para a xudar ás persoas afectadas polos lumes.

Desta volta vén da man da Academia de Danza Bayadère que dirixe Nuria Reguera, que organizou unha gala solidaria para o vindeiro sábado 24 de setembro ás 19 hora, no Teatro Lauro Olmo do Barco.

O prezo das entradas é de 4 euros e o 50% irá destinado a Cruz Vermella. Tamén haberá unha fila 0 (aportación libre) que será íntegro para a ONG.

 

Artigos relacionados

Back to top button