BaloncestoDeportesÚltima hora

Fin de semana de bos resultados para os equipos do MV Barco en casa

 

Seis partidos disputaba esta fin de semana o MV Barco en casa, a maioría o sábado no pavillón vello debido á celebración do xantar do Botelo e outros o domingo no de Calabagueiros, con moi bos resultados.

O sénior masculino vencía con contundencia 53-39 ao Barbadás; igual que o júnior masculino que ganaba 70-46 ao Blanco Amor. Tamén os equipos cadete resolvían con matrícula os seus correspondentes partidos: o masculino ganaba 60-34 a Salesianos e o feminino, 79-28 ao Xinzo. O único equipo con resultados que xogaba fóra era o infantil mixto, que vencía 26-35 na cancha do Val de Lemos.

 

 

Aínda que sen marcador, tamén xogaron os equipos alevín (en barbadás) e benxamín vermello (en Carmelitas) e azul (no Barco ante Blanco Amor).

As fotos corresponde aos partidos do sénior e dos júniors.

Fotos: Loispradaf.

Artigos relacionados

Back to top button